![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/001/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f85f3e25b-20201013-patxot-conversas-radio-3058.jpg)
© Mónica Patxot
RADIO.- Non subestimes ás especies polinizadoras: dependes ti delas máis que elas de tí
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
Ata que punto se está a desprezar a dependencia que os seres humanos teñen das especies polinizadoras? De que forma os incendios forestais, o excesivo uso de produtos químicos no campo, o cambio climático, ou as especies invasoras están a repercutir na pervivencia destes insectos?
Preguntas como esta expóñense nas Conversas na Ferrería con Manuel Viso Vázquez e Sergio Lamosa Balado. Eles, como Paula Rivas Fandiño e Carolina Acuña Alonso son enxeñeiros forestais, traballan na Universidade de Vigo e editaron unha guía: 'Principais polinizadores da biodiversidade de Galicia'.
Neste traballo, que financia a Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar, compendian de forma didáctica e sinxela ata vinte especies de polinizadoras. Pode ser unha excelente ferramenta que acompañe un paseo polas contornas naturais e axude a identificar a estes pequenos seres vivos.
A guía, como explican no podcast de PontevedraViva Radio - e que se adxunta a esta información -, pódese conseguir de forma gratuíta a través do Instagram @poligal.apis, solicitándoa no enderezo electrónico poligal.gal@gmail.com ou tamén acudindo ao campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.