![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f32ab77e1-20200811_132048-1-.jpg)
© Outraluz
RADIO.- Peixes, carnes, froitas e verduras do Mercado de Abastos a un click e con entrega a domicilio en transportes sostibles
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
De usuario habitual da Praza de Abastos a promotor dunha ferramenta telemática que diversifica as posibilidades de compra para outros usuarios do Mercado. Este é o escuetisimo resumo da actividade na que leva inmerso un mozo pontevedrés, Jorge Eyo, desde que comezou o confinamento motivado polo coronavirus. A súa idea xa ten nome propio: Ponte Abastos.
O mesmo nome da páxina web a través da cal calquera usuario poderá facer a súa compra online na Praza, solicitar que lla entreguen no seu domicilio ou ben realizar un ' click and collect', isto é, realizar a compra e recoller persoalmente no propio Mercado.
En PontevedraViva Radio charlamos con este emprendedor pontevedrés cuxo proxecto implica aos propios placeiros, a deseñadores web, técnicos en márketing, fotógrafos, técnicos en ámbito sanitario e de calidade alimentaria, ademais de empresas de transporte sostible, coas que se quere contribuír tamén a unha repartición a domicilio acorde coa filosofía do modelo de cidade. Todo iso, coa implicación do Concello a través da Concellería de Promoción Económica.
A intención é que esta páxina web: ponteabastos. com estea operativa en setembro. Todos os pormenores e vantaxes, tanto para usuarios como para placeiros cóntanola o seu artífice no podcast Mentres isto dure.