RADIO.- Cara a cara: 'As bacterias molan, por se non o sabes
Por Marisa Ciordia
'As bacterias molan' e como as persoas, non se comportan igual cando están soas que cando están acompañadas. E outra cousa máis, por se non o sabes, o azucre non é o causante da carie. Non o dicimos nós, dio en PontevedraViva Radio, Andrea Muras Mora, a bióloga pontevedresa que chegou á final do concurso de monólogo sobre Ciencia, FameLab España 2019.
Os participantes nesta proposta, que organiza a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía xunto co British Council e a Fundación A Caixa, han de demostrar nun máximo de tres minutos as súas habilidades para comunicar contidos científicos de forma amena e mesmo, si, é posible, con humor. Andrea Muras xa se expuxo a participación algún tempo atrás, pero este ano díxose "si ou si". Atópase xa selecionada entre as oito persoas que chegaron á final para celebrar o próximo 14 de maio en Madrid.
A Ciencia non ten por que ser incomprensible ou tediosa para quen non estean inmersos no mundo científico.Cada vez proliferan máis ferramentas e iniciativas para demostralo como é o caso do programa 'Órbita Laika' que emite La 2 de TVE, o proxecto Big Van Theory e a súa web The Big Van Ciencia, que aglutinou a cientifícos con ese propósito, divulgar Ciencia de maneira sinxela e con humor.