Susana Ruiz Mostazo sente especial agarimo polos membros de Anedia de Pontevedra (Asociación de Nenos e Meniñas con diabete de Galicia), así que acaba de estar en Marín cunha das súas charlas: Os soños non teñen cima, e aproveitou a fin pasado fin de semana para participar na Pontevedrada, da que lle falaba precisamente un destes mozos. Diabético, como ela.
"Ao principio é complicado porque tes que aprender da túa enfermidade. Por descoñecemento e medo de afastei do deporte. Ao vir ao País Vasco namoreime tamén das súas montañas e iniciamos un camiño, o meu marido e eu, para ir rompendo barreiras, gozar da montaña e aprender da diabetes", lembra Susana Ruiz no Cara a cara.
"Gustaríame que alguén me tivera dito que non me preocupase, que todo ía ir ben e que ía poder cumprir os meus soños. polo menos perseguilos, porque tería que ser consciente que a diabetes sempre viaxaría comigo, pero iso non supondria renunciar ao que quixese facer na vida". Isto é o que transmite nas súas charlas por toda España, aínda que tamén é consciente de que hai seguir traballando para normalizar a vida das persoas diabéticas.
O Himalaya en 2013 foi o seu primeiro gran reto. En 2014 Groenlandia, en 2015 o Kilimanjaro, en 2016 o Elbrus ruso e o próximo setembro planea outro reto en Marrocos. Non sempre tivo o final esperado "é importante tamén transmitir que se cadra non podes finalizar o teu soño pero tes que aprender do camiño percorrido e gozalo", aconsella por experiencia en PontevedraViva Radio.