Hai artistas soados por si mesmos e cando a celebridade é compartida o resultado son pezas como as que selecciona o músico e xornalista pontevedrés Tino Domínguez para este programa de PontevedraViva Radio.
Esta vez en "El club de la esquina", unha hora de música dedicada aos duetos. Duetos que combinan voces femininas, voces masculinas, voces de ambos os xéneros como José Feliciano e Miriam Hernández ou Elton John e Kiki Dee. Cantantes de diferentes xeracións que axuntaron talentos e estilos como Frank Sinatra e Bono de U2; ou Paul McCartney e Bruce Springsteen.
Sen debullar o programa ao detalle, adiantámosche que completando "El club de la esquina" atoparás un cuarteto vocal conformado por catro mulleres: Carol King, Celine Dion, Gloria Stephan e Shania Twain. Descarga o podcast e gózao onde e cando queiras.