RADIO.- Meli Fandiño e a música, un binomio imprescindible da radio pontevedresa
Por Marisa Ciordia
Un pode chegar a preguntarse cando escoita algunha das cancións que seleccionou para A playlist de PontevedraViva Radio, a quen recoñeceu antes, ao artista ó á voz que lle precede?. Meli Fandiño, agora xubilada dos micrófonos, é toda unha referencia da historia radiofónica da cidade. Nesta ocasión, fainos unha pequeñísima selección dos seus gustos musicais. Pequeñísima porque a música vai parella á súa traxectoria profesional, e se a iso engádenselle os seus gustos persoais, a recompilación é ínfima para dar cabida a todos os intérpretes que lle entusiasman.
Intercala recordos musicais da infancia, da adolescencia e a primeira mocidade; onde entronca xa cos seus comezos profesionais. Esta actividade permitiulle coñecer persoalmente a múltiples artistas. O seu animado espírito tamén a acompañou en concertos en directo, lembra especialmente un dos Rolling Stones.
E o cinema...outra das súas paixóns, máis que afeccións. É o seu broche para o programa. Poida que non sexa o último...propón ser ela quen "tome o micrófono" para intercambiar papeis, se o di Meli,..que así sexa.