RADIO.- A mitoloxía clásica contada para nenos e adultos de forma amena e divertida
Por Marisa Ciordia
Emilio del Río é doutor en Filoloxía Clásica e profesor na Universidade Complutense. Leva publicados catro libros divulgativos sobre cultura clásica, o último: 'Pequeña historia de la mitología clásica'. Sobre esa cultura versa a sección que leva no programa de RNE 'No es un día calquiera' e tamén fai un podcast para a radio pública titulado 'Locos por los clásicos'.
Conversamos con el no 'Cara a cara' con motivo da promoción de 'Pequeña historia de la mitología clásica' no que comparte os seus textos coas ilustracións do vigués Julio Carabias, Jvlivs. Este último xa plasmou o seu quefacer gráfico noutros títulos da colección Pequeña historia de... dirixidos a un público lector de calquera idade, desde infantil ata o máis adulto; ao que pertence o libro que nos ocupa.
Unha vez máis Emilio del Río mostra como a cultura clásica - neste caso a mitoloxía - imprégnao todo: a lingua, costumes, relixión, as artes, os símbolos... "tentei explicar para todos os lectores os deuses olímpicos, as criaturas fantásticas, os grandes heroes; que seguen vivos porque por exemplo Perseo é Supermán, Hércules é Hulk, os heroes de Marvel son os da mitoloxía clásica".
É unha pequena historia, pero son moitas historias e non só iso: "é un libro de aventuras marabillosas, de viaxes a lugares incribles, de autoaxuda porque os mitos clásicos trasladan mensaxes para a vida e permítenos coñecer a historial cultural de Occidente. E todo de forma amena e divertida".
O podcast pode escoitarse desde a ligazón que se adxunta e igualmente está dispoñible para a súa descarga desde a web de PontevedraViva Radio.