RADIO.- J.J. Benítez: "xa non me interesa convencer a ninguén"
Por Marisa Ciordia
O escritor e xornalista J.J. Benítez publicou 'Belén. Caballo de Troya 12', unha edición coa que afirma que pon fin a unha saga de libros que comezou a súa andaina editorial en 1984. "Eu xa contei todo o que tiña que contar sobre a vida de Jesús de Nazaret" asegura neste podcast do 'Cara a cara'.
Unha saga que leva a unha viaxe no tempo con dous pilotos da Forza Aérea de Estados Unidos e que narran unha versión da Biblia diferente á que se transmitiu. Máis de sete mil páxinas en total que lle valeron desencontros e ausencia de relación coa institución eclesiática "grazas a Deus", di en PontevedraViva Radio.
Preguntámoslle se ao longo destes trinta e oito anos provocou máis curiosidade por unha posible historia alternativa de Jesús de Nazaret que rexeito por atreverse a poñer en dúbida unha versión oficial. Responde e engade que a estas alturas "xa non me interesa convencer a ninguén". Tamén nos fala da morte e a crenza ou non nunha resurrección e da súa percepción sobre o ser humano.