Curtido en mil batallas como di Carlos Hernández de Miguel, foi durante un ano sabático cando se penetrou no proxecto que maior proxección deulle. Plasmou en papel un concienzudo traballo de investigación co título de "Los últimos españoles de Mauthausen".
Para chegar ao público novo creou un alter ego en twitter: @deportado4443 que se converteu nun fenómeno na rede entre mozos e menos novos en 2015. O pasado ano deu un paso máis co cómic "Deportado 4443" xunto ao ilustrador Ioannes Ensis.
Deportado 4443 é Antonio Hernández Marín, o seu tío, ao que Carlos coñeceu durante as viaxes que aquel facía a España desde Francia, onde residiu tras sobrevivir ao campo de concentración nazi. "Los últimos españoles de Mauthausen" é a recompilación de probas, documentos - nacionais e internacionais - e conversacións con algúns daqueles sobreviventes.
Charlas tan desgarradoras que lle levaron mesmo a reformularse a continuidade dese traballo, lémbranos neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.
"Los últimos españoles de Mauthausen" é a vergonzante historia da España franquista, da Europa nazi, da Europa aliada; e do agradecemento dos sobrevivientes que se sinten esquecidos a alguén que se interesou por eles. Case dez mil españois estiveron nos campos de concentración. Mantivéronse con vida ao redor de tres mil. Non son historias alleas, afastadas: houbo seis pontevedreses recluídos nos campos nazis.
Todo ese traballo de Carlos Hernández tivo un pouso mareiro, o da Illa de Arousa, onde veu fixar a súa residencia este escritor e xornalista madrileño hai case cinco anos.