Marcos Vidal volve confesar o crime de Ponte Caldelas: "No me ensañé con él, la pelea fue la que fue, acabó en un minuto y saqué la foto"

Pontevedra
17 de outubro 2019

Marcos Vidal, autor confeso da morte a puñaladas a Manuel Rivas, marido da muller coa que mantiña ou mantivera unha relación sentimental, fixo este xoves uso ao seu dereito á última palabra no xuízo con xurado que se celebrou durante toda a semana na Audiencia  

Marcos Vidal, autor confeso do crime de Ponte Caldelas, ao remate da cuarta sesión do xuízo Cristina Saiz

Marcos Vidal González, autor confeso do coñecido como crime de Ponte Caldelas por matar a puñaladas a Manuel Rivas  Muiños, marido da muller coa que mantiña ou mantivera unha relación sentimental, fixo este xoves uso ao seu dereito á última palabra no xuízo con xurado que se celebrou durante toda a semana na Audiencia Provincial de Pontevedra. Tal e como xa fixera o primeiro día da vista oral, recoñeceu os feitos e non aproveitou para xustificarse, pero si quixo aclarar detalles do ocorrido que cre que non quedaron claros. 

Así, fronte ás acusacións que sosteñen que se asañou coa súa vítima ao apuñalalo máis de 20 veces, asegurou: "No me ensañé con él, la pelea fue la que fue, acabó en un minuto y saqué la foto, se la mandé a Sandra para que llamase a una ambulancia y lo puse en la cama".

Nesa alegación final, asegurou que ""no hubo más, ni apuñalamiento por la espalda ni nada más, fue todo allí en el momento" e mesmo matizou que, tras apuñalalo e sacarlle unha foto agonizando que mandou á esposa do falecido, "lo coloqué en la cama con todo el respeto"

"No voy a rebatir nada a la acusación particular ni al ministerio fiscal, al fin y al cabo, los hechos son las que son, nunca lo oculté", sostivo, pero si quixo aclarar que se sacou esa famosa foto "no fue ni para hacerla sufrir ni para burlarme de Sandra en ningún momento", senón que "le saqué la foto para que Sandra se creyese lo que pasaba porque a pesar de haberla llamado, ella lo negaba". Fíxoo para que ela chamase a unha ambulancia, como ela finalmente fixo. 

Ademais aproveitou para reiterar o seu amor cara á viúva da súa vítima, con quen sempre asegurou que mantiña unha relación sentimental de tres anos, a pesar de que ela o nega. "Sandra era mi vida, señoría, era mi vida", afirmou na sala de vistas. Segundo explicou, a pesar de que a súa familia díxolle que a muller "no es lo que parece", el mantén "a día de hoy", catro anos despois, que "fue la mujer de mi vida". "Que nadie me hable mal de Sandra", pidió. pediu. 

O tribunal popular encerrarase a deliberar este venres, pero, previamente, todas as partes acudidas na causa xa realizaron os seus informes e conclusións finais, que no esencial non varían con respecto ás súas posicións iniciais coas que o luns empezaron a vista oral, pero si introducen certas modificacións. 

O fiscal do caso, Jesús Calles, introduciu unha das principais modificacións. Segue mantendo que Marcos Vidal é autor dun delito de asasinato con aleivosía e solicita unha pena de 20 anos de prisión, a prohibición de achegarse á viúva durante 25 anos e unha medida de liberdade vixiada durante oito anos máis, pero introduce un cambio fundamental: cre que debe terse en conta na súa contra a circunstancia agravante de abuso de superioridade. Ademais, cambia o relato de feitos indicando que Marcos Vidal "diminuíu" as posibilidades de defenderse de Manuel Rivas.

Ata o de agora recoñecía a agravante de asañamento e a atenuante de confesión, pero non pedira este abuso de superioridade, de modo que o avogado defensor do acusado, Diego Reboredo, considerou que se lle privou da posibilidade de defenderse sobre este asunto. A maxistrada que preside o tribunal, María Jesús Hernández, rexeitou esa protesta, pois considera que "el abuso de seguridad no deja de ser una alevosía en segundo grado" e sobre a aleivosía si puido versar a súa defensa. 

Diego Reboredo introduciu tamén un cambio importante nas súas conclusións ao retirar unha das catro circunstancias atenuantes que considera que concorren na acción do seu defendido. No seu caso, recoñece que é o autor do crime, pero cre que non cometeu asasinato, senón homicidio e consideraba que debían aplicárselle as atenuantes de confesión, dilacións indebidas, lexítima defensa e arrebato, obcecación e estado pasional. Con todo, tras o xuízo, retirou a relativa á lexítima defensa

O avogado que exerce a acusación particular en nome da viúva da vítima, Rafael Abel Fernández, mantén a mesma postura que ao principio do xuízo e Andrés Malvar, letrado que exerce a acusación particular en nome dos pais e a irmá do falecido, mantén as súas conclusións, pero cambia o seu relato de feitos. Curiosamente, modifica o seu relato para incluír alusións á viúva, Sandra Martínez Araújo. Estas acusacións piden para o acusado 25 e 20 anos de prisión por un delito de asasinato con aleivosía e asañamento. 

O xuízo contra Marcos Vidal viviu este xoves a súa cuarta sesión. Antes de que os avogados realizasen as súas conclusións e informes, declararon por videoconferencia varios axentes da Garda Civil que realizaron peritaxes durante a investigación do crime. Todos eles reafirmáronse nos seus informes e confirmaron cuestións como que o perfil xenético da vítima aparece no sangue que había na navalla usada no crime e na roupa que levaba o acusado. 

Ademais, o tribunal de xurado que agora deberá decidir sobre a culpabilidade ou non do acusado tamén escoitou a chamada que este realizou ao 112 tras o crime, na que pide que a Garda Civil vaia buscalo ao paseo fluvial da Calzada de Ponte Caldelas e relata que houbo un homicidio. Pode esscoitarse nesta ligazón.

Fai afirmacións como: "acuchilleino cunha navalla", "lo acuchillé en el dormitorio en todo el cuerpo", "lo dejé agonizando" ou "llevaba yo una navaja". Tamén escoitaron dúas chamadas da viúva aos servizos de emerxencia esa mañá do 28 de novembro de 2015.