Por regra xeral, os contidos de PontevedraVivaestán liberados cunha licenza aberta Creative Commons recoñecemento-non comercial-compartir igual (by-nc-sa). Iso quere dicir que podes coller os textos e as imaxes de PontevedraViva e reproducilos cando queiras, sempre que digas de onde os sacaches, que non obteñas un rendemento comercial deles, e que manteñas no produto final esta mesma licenza.
Entendendo ademais que algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor, que cando a obra ou algún dos seus elementos áchese no dominio público segundo a lei vixente aplicable esta situación non quedará afectada pola licenza e que os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei, os dereitos morais do autor e os dereitos que poden ostentar outras persoas sobre a propia obra ou o seu uso, por exemplo dereitos de imaxe ou de privacidade, non quedan afectados pola licenza de ningún xeito.
As fotografías que vaian asinadas por persoas alleas a PontevedraVivalevarán indicada cadansúa licenza, que pode ser máis restritiva, incluída a imposibilidade da reprodución.
Igual ocorre cos textos de opinadores e xornalistas alleos a PontevedraViva. En caso de que haxa algún autor ou autora que prefira outra licenza, recoñeceráselle explicitamente.