Reactivación cultural con cautela

Pontevedra
30 de decembro 2022

O 2021 foi o ano en que, aos poucos, recuperouse a actividade nos diferentes espazos culturais moi lentamente e con precaución. O sector tivo que xestionar as programacións con toques de queda, restricións do número de asistentes e aprazamentos derivados das distintas vagas da pandemia

Contos para bebés, con Charo Pita Cristina Saiz

O 2021 foi outro ano complicado para a actividade cultural. Aos poucos fóronse recuperando eventos, festivais e actos presenciais pero, en numerosas ocasións, a organización tiña que encaixar as propostas con toques de queda, limitacións de asistencia de público e cambios ou suspensións ante novas ondas pandémicas.

Desta forma, o ano iniciábase cun ciclo de Jean Renoir do Cineclube Pontevedra que debía adiantar os seus horarios para evitar o toque de queda que se atopaba establecido durante as noites de xaneiro.

As restricións sanitarias provocaron que se aprazasen funcións do ciclo de Domingos do Principal, que puideron renovarse a finais de febreiro. Nesa mesma etapa inaugurábase no Museo Provincial a exposición das obras procedentes do espolio nazi, que provocaran interese entre os afeccionados á arte.

Xa en marzo inaugurábase a mostra 'José Suárez 1902-1974' no Edificio Castelao, que a pandemia obrigase a aprazar e retómanse diversas actividades programadas nos escenarios das Rías Baixas como sucedía con Ponteatro e tamén con propostas como a celebración do Día da Narración Oral a cargo de Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.

Pero, ademais, o confinamento sufrido durante 2020 reflectíase nos argumentos teatrais como sucedía na obra coprotagonizada polo actor pontevedrés Xurxo Cortázar, '32 m2'. Como colofón, o Día Mundial do Teatro celebrábase en Montero Ríos creando un auditorio ao aire libre.

Abril arrancaba coa desaparición da pintora pontevedresa Carmen Domínguez Vaz, en Madrid. O Museo anunciaba a importante cifra de 1.400 visitas durante a Semana Santa pero, pola contra, a Sociedad Filarmónica decidía suspender todos os concertos previstos da tempada ante a situación sanitaria.

O xornalista Manuel Jaboispresentaba a súa nova novela 'Miss Marte' e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil comezaba unha nova edición con cumprimento de todas as normativas e recollendo estreas e presentacións como 'Ás para Álex' de Baobab Teatro, que volveron sorprender ao público familiar no Pazo da Cultura.

Se abril concluía co achado dunha ánfora da época romana en Vilagarcía de Arousa, o mes de maio traía a reinstalación da batea de Leiro na Illa das Esculturas, despois de ser rehabilitada. A lembranza de Xela Arias, autora á que se dedicaba o Día das Letras Galegas, fíxose patente en actos reivindicando a súa figura e a súa obra feminista e vangardista ao longo de todo este mes.

En xuño, a Xunta anunciaba a capacidade máxima para festivais e verbenasdurante o verán con 5.000 persoas de pé ou 10.000 sentadas, que permitían recuperar eventos musicais masivos durante os seguintes meses. Así, entre outras propostas do mes, regresaban as sesións chill-out á praia da Concha en Vilagarcía. A xornalista Sara Vila lograba o Premio Illa Nova de Narrativa coa súa primeira novela titulada 'Oito días sen Eva Cortes', unha obra moi relacionada con Pontevedra que na ficción preséntase como Pontevella.

Con libros tamén comezaba o mes de xullo nunha fin de semana da Festa dos Libros cheos de actividades culturais na Ferrería. Nese mesmo espazo, días despois vestíanse do mellor cabaré galego con espectáculos festivos. Durante o verán, o SonRías Baixas vivía un momento vibrante co rap de Kase.O e SonDaRúa, pero o acto máis inesperado foi o concerto sorpresa de Jorge Drexlerno Náutico de San Vicente, espazo onde tamén en agosto se vivía o encontro de Leiva e Rubén Pozo para recuperar nun recital os temas de Pereza.

As festas da Peregrina desencadearon un balbordo fan entre o público máis novo que quería ver a Pol Granch na terceira noite de concertos da programación da semana grande. 

ASala Karma volvía abrir as súas portas, despois de 522 días pechada como consecuencia da pandemia, pero tamén se anunciaba nese mes de agosto que este ano tamén se suspendía o festival Surfing The Lérez. Pola contra, os Rías Baixas Film Fest presentábanse como oito grandes propostas cinematográficas para a provincia entre os últimos meses do ano.

En setembro máis de 6.500 persoas pasaron polo recinto do festival Revenidas durante os catro días nos que se celebraron os concertos. Todo un éxito, do mesmo xeito que oFicBueuvolveu ser un punto de referencia da curtametraxe en Galicia con dez días de proxeccións e actividades relacionadas co cinema.

Tamén o Teatro Principal de Pontevedra vestíase cunha alfombra de cor amarela para reivindicar a memoria histórica coa estrea de 'Acorda' nun mes no que comezou a rodarse 'Matria' en Mourente, a ópera prima de Álvaro Gago, o novo proxecto de  Matriuska Producións. O Pazo da Cultura acollía unha curiosa exposición de estudantes da Facultade de Belas Artes con 38 obras nadas no período de confinamento.

PortAmérica chegou en outubro para ofrecer aXoel López cunha resurrección da súa banda 'Deluxe'. A outra cita musical de alto nivel se  ofecía nosPremios Martín Códax da Músicana que se reivindicou a dignificación da profesión dos artistas e músicos tras enfrontarse ao reto marcado pola pandemia. A  Facultade de  Belas Artes lembraba ao desaparecido pintor e profesor Manuel Moldesdando nome a unha das salas de exposicións do centro.

E a obra gráfica 'Regreso á Illa de San Simón' elaborada por ilustradores formados en O Garaxe Hermético baixo a dirección de Kiko da Silva converteuse nun éxito que garantía a súa reedición por parte da  Deputación de Pontevedra. Tamén o premiado escritor Xesús Constela inicia as súas colaboracións con PontevedraViva para relatar co seu estilo persoal as súas viaxes por distintas partes do planeta.

O director de películas tan míticas como 'Gremlins',Joe Dante, converteuse na estrela do Festival Curtas de Vilagarcía no mes de novembro, que volveu gozar dun Culturgal cargado de actividades e propostas en defensa da lingua galega convertendo o Recinto Feiral en eixo da cultura na comunidade. Precisamente, dous irmáns coñecidos e recoñecidos en Pontevedra como Susana e Xabier Fortes presentaban os seus libros nun acto que encheu o Museo de Pontevedra.

A cantante Maika Makovskiera a artista encargada de pechar o ciclo musical  As Matinés no Pazo da Cultura ofrecendo a súa vea máis rockeira nun mes de decembro que acollía a sexta edición doutra cita cinematográfica indispensable,Novos Cinemas, na que se estreaban películas como 'A virxe roxa' de Marcos Nine.

O 2021 péchase culturalmente ofrecendo un panorama oscilante e coas esperanzas postas en que o 2022 sexa, ao fin, o da recuperación total de espazos e eventos culturais.