Volven as sesións chill-out á praia da Concha
Por Redacción
'Ás 9 na Praia' é a cita anual coas sesións de chill- out que se organizan en Vilagarcía de Arousa na praia da Concha. Este xoves presentábase a edición deste 2021 que se desenvolverá entre o 1 e o 14 de xullo con concertos en directo e sesións musicais.
O concelleiro de Turismo Álvaro Carou; o presidente de Ahituvi Turismo e Hostalería, Richard Santamaría e o organizador do evento Carlos Crespo, xunto a Rosina Sobrido, directora do Conservatorio de Música de Vilagarcía, presentaban esta edición cargada de música para gozar cando comece a anoitecer para gozar entre as 21.00 ata as 00.30 horas dunha posta de sol coa compañía de música agradable.
As sesións alternarán concertos en directo con sesións de selección musical co seguinte calendario:
Xoves 1 - Uxía
Venres 2 - Fran Chuco ( selecc. musical)
Sábado 3 - Zeltia e Irevire
Domingo 4 - Pablo Galbán
Luns 5 - Silvia Penide
Martes 6 - Celso Callón
Mércores 7 - Cora Velasco
Xoves 8 - Xoanqui Ameixeiras
Venres 9 - Carolina Rubirosa
Sábado 10 - Nico
Domingo 11 - MJ Pérez
Martes 13 - Pauliña
Mércores 14 - Ronsel
A entrada será libre ata completar o aforo do espazo e gratuíta.