A Festa dos Libros pechará o pano este domingo despois de dous días cheos de cultura
Por Redacción
A busca de lectores por parte das librarías participantes na Festa dos Libros dará por finalizada este domingo día 4 de xulio. Despois de dous días cheos cultura, onde unha gran cantidade de persoas se achegou pola Ferrería para mercar o simplemente botar unha ollada aos libros, a gran festa pechará o pano ata o ano que ven cun "balance moi satisfactorio".
Pero antes haberá unha chea de actividades. A carpa permanecerá aberta en horario habitual, de 11 a 14 horas e de 18 a 22.30 horas, mentres que o programa iniciarase a partir das 11:30 horas coa presentación de 'Bo Camiño, peregrino! (Edicións do Cumio), de Rena Ortega. O seu terceiro álbum ilustrado que levará aos máis cativos a descubrir curiosidades sobre a variante francesa do Camiño.
Máis tarde, ás 13.00 horas, Alejandro Palomas presentará 'Una flor' (Letraversal) na mesa sobre poesía Palabras que latexan. Tamén falarán sobre os seus poemarios Pilar García Rego, con 'Humanario' (Editorial Galaxia), e Lorena Conde, con 'As puntas da louza' (Aira Editorial).
Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, a Festa do Libro celebrará un faladoiro dedicado a Xela Arias no que intervirán Yolanda Castaño, 'Xela quixo ser ela' (Xerais) e Laura Romero con 'Xela Arias. Palabra á intemperie' (Baía Edicións), tamén editor Xulián Maure e o fillo da poeta, Darío Gil.
Despois, concretamente ás 20:00 horas, falarase sobre Galicia como escenario de novela negra. Participarán os escritores Diego Ameixeiras con 'La noche del Caimán' (Fondo de Cultura Económica, tradución ao castelán de 'A noite enriba', de Xerais), Pedro Feijoo con 'Un lume azul' (Xerais), Manel Loureiro con 'La puerta' (Planeta) e Arantza Portabales con 'A vida secreta de Úrsula Bas' (Editorial Galaxia).
Por último, o fin de festa será ás 21:30 horas co espectáculo Idioma da tinta, onde a voz da poeta Yolanda Castaño unirase a unhas composicións orixinais de Isaac Garabatos.
Nos postos das librarías, ao longo de todo o día, estarán asinando exemplares dos seus libros Rena Ortega, Rober H.L. Cagiao, Paula Mayor, Pilar García Rego, Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro, Fon, Leoncio Feijoo, Victoria García e Laura Cortés, Tándem Seceda, JM. Enríquez, Eva Mejuto e Bea Gregores, Pedro Feijoo, Alejandro Palomas, Ismael Ramos, Lorena Conde, Kiko da Silva, Arantza Portabales, David Pintos, Manel Loureiro, Álvaro José Amoedo Fernández, Nee Barros e Diego Ameixeiras.
Relacionadas:
-
Un domingo de gran afluencia para pechar tres días de festa literaria
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Pontevedra presume do seu 'ADN literario' co regreso da Festa dos Libros
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Najat el Hachmi, premio Nadal 2021, estrela invitada na Festa dos Libros que comeza o venres
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
David Pintos presenta a súa última novela 'Mago negro' na Festa dos Libros de Pontevedra
Por Redacción |