A ponte do Burgo entrou, con reservas, no século XXI

Pontevedra
30 de decembro 2021

A remodelación da ponte do Burgo foi, sen ningunha dúbida, a actuación municipal máis comentada ao longo deste 2020. Para ben ou para mal, o cambio experimentado por este vetusto monumento non deixou indiferente a ninguén

Inauguración da nova iluminación da ponte do Burgo Cristina Saiz

A remodelación da ponte do Burgo foi, sen ningunha dúbida, a actuación municipal máis comentada ao longo deste 2020. Para ben ou para mal, o cambio experimentado por este vetusto monumento non deixou indiferente a ninguén.

Tras ano e medio en obras, a ponte estreou a súa nova imaxe en agosto. Acorde co século XXI. Peonil, con plataforma única, con nova varanda e cunha innovadora iluminación. Pero, para moitos outros, o cambio fixo que perdera personalidade.

Sexa como sexa, esta actuación serviu para dar continuidade ás reformas doutros tramos do Camiño Portugués como as rúas Gorgullón e Virxe do Camiño, que mostraron o seu remocicado aspecto a finais do pasado ano. Para 2021 chegará a nova Rúa da Santiña.

A do Burgo non foi a única actuación que centrou a actividade municipal neste 2020. O inicio da reforma de Loureiro Crespo, unha das principais vías de entrada en Pontevedra, foi tamén una das noticias máis destacadas do ano.

Aínda que para aplaudido, o mural dedicado á Señora Lola en Pasarón. Levantou unha expectación nunca vista en Pontevedra. E o veredicto foi unánime. 

Este 2020, que estivo tan marcado pola covid-19, tamén nos trouxo unha profunda renovación das dependencias municipais de Michelena 30, ou o despregamento dos novos contedores marróns pola cidade.

Proxectos doutras administracións tamén deron os seus primeiros pasos este ano.

Así, avanzaron os plans do Museo para o novo edificio de arqueoloxía en Valdecorvos. Ou soubemos que o vello edificio de Facenda será a nova sede do Arquivo Histórico. A Xunta, pola súa banda, impulsará unha residencia de maiores no ámbito de Eduardo Pondal.

Pero a recta final de 2020 xa nos ofreceu un 'avance' do que nos deparará 2021. A previsible compra do convento de Santa Clara por parte do Concello, que por primeira vez se abriu ás visitas, ou a retirada da rúa dedicada a Juan Carlos I, que será para Virxinia Pereira, darán moito que falar.

Comezarán as obras do Gran Montecelo, segundo as previsións do goberno galego, e Pontevedra estreará, entre outras actuacións, a súa nova estación intermodal. Pero esa é outra historia que contaremos cando toque.