RADIO.- Celebra San Valentín con amor, pero sen mitos tóxicos
Por Redacción
San Valentín é sinónimo de amor e de romanticismo, pero coidado que seguen instaladas ideas estereotipadas que poden danar á persoa e ás súas relacións afectivas de parella.
Destes estereotipos, ou mitos do amor romántico falou no podcast de PontevedraViva Radio (se adxunta a esta información para escoitar ou descargar), Carlos Márquez Barros, psicólogo sanitario e sexólogo con perspectiva de xénero.
Neste programa de 'A min tamén me pasa', Carlos Márquez, enumera e explica os erros de toda unha serie clichés que persisten, vinculados a como entender, sentir e esperar que sexan os vínculos afectivos en parella.
Sentes celos e xustifícalos nese amor?, pensas que eres unha media laranxa de alguén?, necesitas sen dúbida escoitar a esta voz profesional. Dálle un repaso para evitar que caias ou sigas caendo nalgún deles.