As imaxes que nos deixa unha pandemia que o cambiou todo
Rúas e prazas tan baleiras que a herba empezou a crecer onde xa non se lembraba que podía haber un oco, militares e policías patrullando vías sen apenas coches ou peóns, máscaras por todas as partes, praias parceladas e distancia social en situacións nas que antes se vivían aglomeracións, bicos e abrazos. As escenas, que ata fai tan só uns meses parecían reservadas a outras épocas e países, volvéronse xa familiares e acaparan inevitablemente os recordos deste 2020 no que pandemias que criamos parte da historia cambiaron noso día a día.
Marcan tamén de forma irremediable o resumo coas mellores fotos dos fotógrafos de PontevedraViva Cristina Saiz, Mónica Patxot e Diego Torrado dun ano 2020 que xa sempre se lembrará pola covid-19, pero no que tampouco se poden esquecer outras imaxes máis cotiás e menos pandémicas que nos fan lembrar que, pese ao coronavirus e a crise sanitaria, social e económica na que está sumida a sociedade, a vida segue.
Fotos do ano 2020
As fotografías máis destacadas do ano 2020realizadas polos fotógrados de PontevedraViva Mónica Patxot, Cristina Saiz e Diego Torrado
© Cristina Saiz / Diego Torrado / Mónica Patxot