Rafa Domínguez cre que "Costas no va a poner ningún problema" ao seu proxecto de aparcamento fronte ao Pavillón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez destacou este mércores unha das propostas estrela que forman parte do seu proxecto de "Abrir Pontevedra á Ría" a actuación diante do Pavillón dos Deportes, "donde ahora mismo hay un mal llamado aparcamiento disuasorio".
Rafa Domínguez acudiu en coche ao recinto xunto ao número tres da súa candidatura, Pablo Fernández, "para demostrar el pésimo estado en el que se encuentran estas instalaciones" para as que o Partido Popular ofrece "una alternativa".
A actuación que ofrece o PP consta dun parque infantil, en certa altura, para que se poida ver diante do Pavillón e desde a zona vella.
Ademais, o parque contará cun aparcadoiro público gratuíto "en horario comercial" con 540 prazas, unha área "na que aparcar dignamente". É dicir, este aparcamento non cobrará aos usuarios durante 12 horas ao día para evitar que os vehículos queden de maneira permanente xa que o que se busca é dinamizar a zona.
Tamén haberá un apeadeiro para autobuses e unha pasarela cuberta que conectará coa contorna do Mercado de Abastos.
Desde o Concello de Pontevedra sempre mantiveron que ao tratarse de terreos de Costas non pode levar a cabo ningunha actuación permanente. De feito, Costas só autoriza labores de mantemento unha vez ao ano, e con materiais previamente pactados. Agora está a negociarse a cesión deste terreo ao Concello de Pontevedra.
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra cre que o seu proxecto de aparcamento vai saír adiante porque "estoy seguro de que cuando se presente a Costas un proyecto serio e interesante, Costas no va a poner ningún problema". "Hay que hablar con las administraciones", engadiu.
Esta proposta do PP ten un custo estimado nuns 4 millóns de euros a desenvolver nuns 36 meses e "la financiación tiene que ser íntegramente municipal".
Relacionadas:
-
Dous aparcamentos disuasorios de aspecto marciano
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Feijóo conclúe que Rafa Domínguez é a "única garantía de cambio" en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Feijóo di que o voto ao BNG nestas eleccións "no es para hacer más ciudad, sino para hacer menos España"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP de Pontevedra asegura que "Lores entre los venezolanos y Maduro está claro que ha escogido a Maduro"
Por Oskar Viéitez |