Compromiso asignará un concelleiro a Monte Porreiro
Por Redacción
Andrés Núñez Rajoy, candidato de Compromiso por Galicia, considera que non se pode ignorar ao 15% da poboación de Pontevedra, que reside en Monte Porreiro. Este sábado, o representante de CxG, acudía ata esta urbanización para criticar a xestión da administración do Bloque Nacionalista Galego.
Indicou que o barrio se atopa nunhas condicións precarias e entre as deficiencias o candidato denotou a falta de limpeza, a ausencia de mantemento das rúas, abandono e maleza en diversos puntos, ademais de pouca iluminación nocturna.
Por este motivo, Núñez Rajoy prometeu a dedicación dun concelleiro específico para esta zona da cidade co obxectivo de que reciba o mesmo trato Monte Porreiro que o centro da cidade.
Compromiso por Galicia entende que espazos como O Burgo, Monte Porreiro ou Estribela non poden ser considerados "rural" xa que precisan doutras necesidades e, #ante esta situación, deben contar co mesmo nivel de humanización que o centro da cidade.