Ambiente inmellorable durante a primeira xornada do ITU Multisport
Gran xornada deportiva a que se viviu durante este sábado en Pontevedra. Máis de 1200 deportistas de todo o mundo participaron nas probas do apertura do ITU Multisport, enchendo a cidade non só de deporte, senón tamén de ambiente festivo.
Os primeiros en vestirse o maillot foron os duatletas de entre 16 e 89 anos, que a partir das 8:00 horas chamaron a atención de centos de persoas, tanto ao longo do percorrido preparado por diferentes zonas da cidade, como nas bancadas do CGTD, lugar onde se situou a liña de meta.
Nesta ocasión, destacaron varios atletas do equipo español. O primeiro deles, o asturiano Rubén Nicieza (nado en 1931), que finalizou en segunda posición a carreira de categoría AG Sprint masculina 85-89. En 16-19 feminina, Besaide Astorbiza quedou ás portas do podio. Ademais, en 40-44 masculina, Ángel Gutiérrez fíxose co primeiro posto, por diante de Rafael Curado, que finalizou segundo, seguido, en cuarta posición, por Miguel Ángel Vidal.
Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, foi a quenda para o dúatlon de distancia estándar para grupos de idade, durante o que a asistencia de público, tanto de locais como de membros dos diferentes equipos competidores, foi aínda maior, poñendo, así, fin a unha primeira xornada deportiva redonda.
Consulta as clasificacións das probas de idade do primeiro día de competición.
Carreiras de grupos de idade de dúatlon no ITU Multisport Festival
Primeira xornada do ITU Multisport Festival de Tríatlon en Pontevedra
© Xan Xiadas
Relacionadas:
-
O tríatlon cros toma o protagonismo no ITU Multisport
Por Diego Espiño |
-
Os ouros de Manuel Ojea e Aida García, alegrías locais nos mundiais de dúatlon
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Benjamin Choquert and Sandra Levenez crowned with first world titles in Pontevedra
Por Redacción |
-
Emilio Martín, segundo no dúatlon, primeira medalla elite para España na competición mundial
Por Sofía Lorenzo & Xan Xiadas |
-
Explosión multicor para dar o pistoletazo de saída á festa do tríatlon
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |