O PSOE aposta por recuperar o Café Moderno para o uso gratuíto das entidades culturais
Por Redacción
O concepto de cultura varía en función de quen o utilice e, no caso do PSdeG-PSOE de Pontevedra concíbese como "un elemento de universalidade" que nace do local para proxectarse e rachar fronteiras. Baseándose nese punto de partido, os socialistas presentaron este sábado o seu programa cultural en caso de que consigan o apoio dos votantes para chegar ao novo Goberno local de Pontevedra o 24-M. Rodeáronse de actividades de animación na rúa e apostaron por unha política cultural "orgullosa da nosa raíz galega, pero con vocación universal".
O alcaldable socialista, Agustín Fernández González, aposta, entre outras medias, por recuperar o Café Moderno para o uso gratuíto das entidades culturais, pois estas instalacións propiedade de Afundación só se poden usar na actualidade previo pago. Os socialistas ven "difícil de entender" que se cobre polo uso deste espazo emblemático a entidades que non teñen ánimo de lucro e cre que a medida provoca que o espazo está absolutamente desperdiciado, polo que propón chegar a un acordo "urxente" con Afundación.
O programa socialista contempla programar conxuntamente os eventos do Teatro Principal e o Pazo da Cultura e aproveitar os recursos que supoñen os centros socioculturales de barrios e parroquias para crear unha rede cultural. Agustín Fernández aposta tamén por recuperar a Bienal de Arte e crear unha Bienal de Fotografía, así como utilizar a Alameda como un espazo de intercambio cultural, dándolle novos usos aproveitando a cercanía da facultade de Belas Artes.
Potenciar as escolas de teatro e música e aumentar o apoio municipal ás asociacións e entidades que se dedican á formación artística tamén se inclúen no seu programa.
O candidato socialista amósase moi crítico coa xestión que fan as distintas administracións dos espazos culturais da cidade, centrándose na que fai a Deputación Provincial de Pontevedra do Museo Provincial e a que fai o Concello da Illa das Esculturas, "un elemento distintivo e mesmo identificativo de Pontevedra".
Relacionadas:
-
Agustín Fernández promete 'mimar' á hostalería, un piar "importante" do turismo na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Agustín Fernández promete destinar 2,2 millóns de euros anuais a políticas para reactivar o emprego
Por Redacción |
-
Reforzar o transporte público, mellorar a limpeza e máis Policía, apostas do PSdeG-PSOE para Monte Porreiro
Por Redacción |