O PSOE de Ponte Caldelas esixe a Perfecto Rodríguez que faga público o seu patrimonio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O voceiro do PSdeG-PSOE en Ponte Caldelas e candidato á Alcaldía nas próximas eleccións municipais, Andrés Díaz, fixo públicos os seus bens e patrimonio e esixe o alcalde e candidato do PP á reelección, Perfecto Rodríguez, que faga o mesmo antes do 24-M porque "é unha cuestión de principios".
Díaz entende que calquera persoa que este dedicada o servizo público debe de ser exemplar nos seus comportamentos e lembra que xa esixiu a Perfecto Rodríguez en varias ocasións que expuxese publicamente os seus bens e patrimonio para dar exemplo de transparencia. Ata agora, o alcalde sempre se negou.
Todos os concelleiros están obrigados por lei a presentar as declaracións de bens cando acceden ao cargo, pero non a obriga de expoñelo publicamente. A pesares diso, Andrés Díaz decidiu dar o paso e informa de que na actualidade ten una retribución anual polo seu traballo na empresa privada de 36.000 euros ao ano, é copropietario dunha vivenda en Ponte Caldelas de 116 metros cadrados pola que paga unha hipoteca de pouco más de 200 euros, posúe dous terreos de 1.500 metros no pobo de Anceu e é propietario dun coche Volkswagen Golf e dunha moto Kimco de 125 cc.