O PP apostará por impulsar a creación de espazos en materia de cooperación
Por Redacción
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, mantivo un encontro con representantes da Coordinadora Galega de ONG para adiantarlles que incluirá no seu programa electoral dúas propostas en materia de desenvolvemento e cooperación.
Moreira confirmoulles a súa intención de impulsar a creación de espazos de participación social que permitan poñer en marchar políticas de cooperación ao desenvolvemento. Ademais, Jacobo Moreira propoñerá a creación de mecanismos que posibiliten unha mellor información, transparencia e rendición de contas.
Por outra banda, os populares aseguran que prevén garantir a creación de convocatorias abertas en concorrencia competitiva, que permitan levar a cabo proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento coordinados co tecido asociativo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Destapar o río Gafos e crear un parque lineal, proposta do PP para o barrio de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
Un parque de verán, unha praia fluvial e un camping, proposta estrela do PP para Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira fíxase na Zona Franca de Vigo para o seu modelo económico e empresarial para Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira presenta, baixo a chuvia, a lista íntegra do PP: "Nosotros sí nos mojamos por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |