![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b8b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13ae26d-20240724-patxot-glassdrive-1215.jpg)
© Mónica Patxot
A túa seguridade ao volante empeza con Glassdrive Autolunas: Expertos en cristalería do automóbil
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/700/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13a6d3f-20240724-patxot-glassdrive-1214.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bd2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13a964e-20240724-patxot-glassdrive-1217.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/33a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13aae33-20240724-patxot-glassdrive-1219.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/39a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13abfe0-20240724-patxot-glassdrive-1213.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/896/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66a13aa0b4-20240724-patxot-glassdrive-1218.jpg)
© Mónica Patxot
Necesitas reparar ou substituír o cristal do teu coche? En Glassdrive Autolunas (Avda. de Lugo, 12, Pontevedra) ofrecen servizos especializados de substitución de vidros de todo tipo de automóbiles, dende turismos ata furgonetas, incluíndo camións e vehículos industriais e agrícolas.
Con talleres situados en Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Sanxenxo, as súas solucións abarcan unha completa gama de servizos deseñada para satisfacer todas as esixencias. Dende a reparación e substitución de parabrisas ata o tinguido de vidros e o pulido de faros, para garantir que cada vehículo conte coa protección e visibilidade que necesita para circular con seguridade.
Glassdrive Autolunas consolidouse como o cristaleiro máis antigo da provincia. Esta empresa familiar conta con 35 anos de traxectoria e unha sólida reputación. Pertence ao recoñecido Grupo Saint-Gobain, o maior fabricante de vidro de Europa, o que lle permite traballar con materiais de maior calidade que os seus competidores, cun presuposto económico axustado ás necesidades do cliente.
O equipo de especialistas en cristalería comprométese a ofrecer un servizo personalizado, rápido e eficiente. A profesionalidade e o feito de contar cun amplo stock de cristais permiten completar a maioría das reparacións no mesmo día. Mesmo, naquelas ocasións en que o vehículo non se poida desprazar ata o taller, proporcionan un servizo a domicilio, tanto de reparación como de substitución.
En caso de sinistro, nos catro puntos de servizo comprométense a facer o proceso o máis sinxelo posible. Están concertados coa gran maioría de aseguradoras e encárganse de xestionar todo o proceso coas compañías de seguros.
Para ter unha rápida resposta e servizo adecuado, recomendan acudir directamente ao taller ou ben chamar aos teléfonos de Glassdrive Autolunas, para solucionar todas as dúbidas e poder derivalos ao taller máis próximo: 986 862 546, en horario comercial (de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 15:30 a 19:30) e, a calquera hora/día, ao teléfono de urxencias: 689 542 896.
Neste tempo de verán, o xerente dos talleres Glassdrive da zona norte da provincia de Pontevedra, Gabriel Ramos, aconsella revisar os cristais do vehículo, xa que a calor pode agravar calquera dano existente e afectar á seguridade na condución.
Asegura que un pequeno impacto no parabrisas non só pode limitar a visibilidade, senón que un simple "chinazo" pode converterse nunha rachadura perigosa se non se trata a tempo. "Ao activar o aire acondicionado, hai un cambio brusco de temperatura e é fácil que a partir dese chinazo abra o cristal; ou vas coller o coche despois de todo o día na praia e coa calor tamén se acaba rachando", asegura Ramos.
Para evitar estas desagradables sorpresas, o profesional da cristalería lembra que en calquera época do ano é necesario revisar os cristais, igual que o facemos coas rodas, as luces ou os freos, por exemplo.
En Glassdrive Autolunas realizan diagnósticos sen compromiso, explicando de modo transparente como asegurar que o parabrisas estea en condicións óptimas para unha condución segura e confortable. Ademais, unha vez que remate o verán, ofrécese a promoción de repelente de choiva gratuíto, que mellora moito a visibilidade para o clima de Galicia, só por visitar o taller para esta revisión.