Shinova, El Drogas, Pimpinela, Nil Moliner, Fillas de Cassandra, Mondra ou Delaossa, nas Festas da Peregrina
Por Redacción
As Festas da Peregrina volverán ser unha das principais referencias das Festas de Verán de Pontevedra. Serán dez días de actividades por toda a cidade, entre os días 10 e 19 de agosto, nos que a música terá un marcado protagonismo.
Porque se hai algo que os pontevedreses desexan saber iso é, sen dúbida, os artistas que actuarán na Boa Vila durante a semana grande das festas. E este ano, unha vez máis, as principais actuacións repartiranse entre a Praza da Ferrería e a Praza de España.
No escenario principal, xunto á casa do concello, actuarán entre outros El Drogas (sábado 10), Delaossa (domingo 11), Nil Moliner (mércores 14), Shinova (xoves 15), Óscar Ibáñez e Tribo (venres 16), Fillas de Cassandra (sábado 17) ou Pimpinela (domingo 18).
Pola súa banda, na Praza da Ferrería despregarán os seus espectáculos Caamaño & Ameixeiras (mércores 14), a Savoy Club Big Band (xoves 15), Mondra (venres 16), a Banda de Música de Pontevedra + Pelepau (domingo 18) ou Anxo Araújo (luns 19).
A programación completa das Festas da Peregrina pódese consultar a continuación.
12:00 horas. Lectura do pregón desde a balconada da Casa do Concello, na Praza de España. Foguete de inicio das festas
13:00 horas. Pasacalles percorrendo Michelena e Praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas: Turoqva, Agrupación Folclórica Usanza Aragonesa, Os Moliceiros de Ovar, Ballet Folklórico del Bio Bio, Duos Pontes e Celme para a ofenda floral
13:15 horas. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a Praza de España pola rúa de Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina
13:30 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT
13:45 horas. Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas Agrupación Folclórica Usanza Aragonesa, Os Moliceiros de Ovar, Ballet Folklórico del Bio Bio, Duos Pontes e Celme
18:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT
19:00 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Os Alegres
21:00 horas. Festival Folclórico con Agrupación Folclórica Usanza Aragonesa (Zaragoza), Grupo folclórico Os Moliceiros de Ovar (Portugal), Ballet Folklórico del Bio Bio (Chile) e Agrupación folclórica Celme (Pontevedra). Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de El Drogas. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co grupo Rosán
00:00 horas. Fogos de artificio entre a Ponte do Burgo e a Ponte de Santiago
12:00 horas. Misa pontifical no santuario da Virxe Peregrina
12:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio do Gorgullón e Avenida de Vigo
12:30 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Os de Algures
13:00 horas. Pasacalles a cargo dos Fervellos do Pío
13:00 horas. Actuación polo barrio de Monte Porreiro do grupo Pola Vila
18:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT
19:00 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Veira do Río
21:00 horas. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII. Praza da Peregrina
21:00 horas. Festival de corais con Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e Coral Pontis Veteris. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Delaossa. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Galilea
11:45 horas. Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade
12:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT
12:15 horas. Actuación da charanga Boa Vila
19:00 horas. Actuación do grupo Os de Algures polo barrio da Parda
19:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio de Campolongo e Rosalía de Castro
19.30 horas. María Carrera: A pirata Lola. Praza da Curtidoira
21:00 horas. Gala sinfónico tradicional da Orquestra Sinfónica de Pontevedra e Agrupación Folclórica Tequexetéldere. Praza da Ferraría
22:30 horas. CONCERTO SORPRESA!!. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Grupo JB Son
11:30 horas. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 polos barrios de San Antoniño e Santa Clara
12:00 horas. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas
19:00 horas. Batalla de Flores. Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo
21:00 horas. Festa infantil: Tarzán, o musical. Praza de España
22:30 horas. Concerto Unha Viaxe polo Mellor do Pop: Octavo C. Praza da Ferraría
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Kalima 3.0
11:15 horas. Actuación do grupo Rías Baixas, prazas e rúas da cidade
12:00 horas. Actuación do grupo Pola Vila, barrio de Campolongo
12:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga Mil9, zona da Parda
18:30 horas. Actuación a cargo da charanga Mil9
19:00 horas. Actuación do grupo Os Alegres, barrio de San Antoniño
19:30 horas. Expresión Contacontos: Ilusionante. Praza da Curtidoira
21:00 horas. Concerto de Caamaño & Ameixeiras. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Nil Moliner. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra La Conexión
10:00 horas. Partidas simultáneas de xadrez. Escola de Xadrez Pontevedra. Avenida de Santa María
11:45 horas. Actuación do grupo Duos Pontes nas prazas e rúas da cidade
12:00 horas. Actuación do Grupo Celme polo barrio de Santa María
12:30 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Veira do Río
12:30 horas. Misa solemne e procesión de Santa María
12:30 horas. Pasacalles a cargo da charanga Mil9
13:00 horas. Pasacalles Marmurios de Leucoiña polo barrio do Burgo
17:00 horas. Xogos e tradicións populares. Avenida de Santa María
18:30 horas. Actuación do grupo Duos Pontes polo barrio de Campolongo
19:00 horas. Concerto da Banda de Música de Salcedo. Avenida de Santa María
19:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 polo barrio do Burgo
19:30 horas. Actuación da charanga Boa Vila
19:30 horas. Teatro: Pablísimo Cabicivai. Praza da Curtidoira
21:00 horas. Concerto de Savoy Club Big Band. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Shinova. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Alcázar
23:00 horas. Verbena de San Roque coa orquestra Acirema. Praza do Gremio de Mareantes
00:00 horas. Espectáculo pirotécnico entre a Ponte do Burgo e a Ponte de Santiago
12:00 horas. Actuación charanga Charandonga polo barrio de Campolongo, Rosalía de Castro
12:00 horas. Actuación do grupo de gaitas Os de Algures na zona de Santa Clara, Cruz Vermella e Barcelos
12:30 horas. Actuación da charanga Boa Vila
19:00 horas. Pasacalles a cargo dos Fervellos do Pío, barrio de San Roque
19:30 horas. Teatro infantil: Inventi Teatro A libraría máxica. Praza da Curtidoira
20:00 horas. Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque. Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas
21:00 horas. Concerto de Mondra. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Óscar Ibáñez & Tribo. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co Grupo Pekados
11:30 horas. Actuación do grupo Os de Algures
12:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga
13:00 horas. Pasacalles a cargo dos Fervellos do Pío polo barrio da Parda
19:00 horas. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga no barrio de Campolongo e Rosalía de Castro
19:15 horas. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas polos barrios de San Roque e Concepción Arenal
19:30 horas. Barafunda Do maxín á realidade. Praza da Curtidoira
21:00 horas. Gala de circo. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Fillas de Cassandra. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Galaxia
11:30 horas. Pasacalles a cargo de Gaiteiros das Rías Baixas
12:15 horas. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 polo barrio de Campolongo
12:30 horas. Pasacalles Marmurios de Leucoiña
13:00 horas. Pasacalles a cargo dos Fervellos do Pío
18:00 horas. Pasacalles coa charanga Mil9 polo barrio do Gorgullón e Avenida de Vigo
19:00 horas. Pasacalles a cargo de Duos Pontes
19:30 horas. Teatro infantil: Ghazafelhos. Ándale! Bon Appétit. Praza da Curtidoira
21:00 horas. Concerto da Banda de Música de Pontevedra e Pelepau. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Pimpinela. Praza de España
22:45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra D`Noche
00:00 horas. Fogos de artificio entre a Ponte do Burgo e a Ponte de Santiago
18:00 horas. Día infantil nas atraccións de feira
21:00 horas. Concerto de Anxo Araujo. Praza da Ferraría
22:30 horas. Concerto de Los 40 Sessions. Praza de España
Relacionadas:
-
Teresa Fernández-Valdés será a pregoeira das Festas da Peregrina
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pimpinela cae por segundo ano consecutivo do cartel das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
O PP traslada a súa "absoluta decepción" cos concertos do verán en Pontevedra, que ven "á cola" de Galicia
Por Redacción |
-
Pontevedra, ante un "verán que non para" con preto de catrocentas actividades festivas nas súas Festas de Verán
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |