Perda do liderado para o Leis tras ceder un empate ante o Carballiño (4-4)
Por Redacción
A falta de acerto condenou o Leis Pontevedra a un empate ante o Carballiño FS (4-4) nun partido no que marcou a pauta dende o inicio.
O conxunto lerezano logrou adiantarse cun 2-0 nos primeiros minutos grazas aos goles de Gustavo e Pocho ante un rival que logrou recortar distancias antes do descanso nunha das súas poucas ocasións de gol.
Xa no segundo tempo o Carballiño logrou empatar, e a pesar de que os de Manu Cossío volveron coller vantaxe ata en dúas ocasións non logrou evitar a reacción dos visitantes.
Con estas táboas o Leis perde o liderado, agora en mans do Coruxo, aínda que os pontevedreses contan cos mesmos puntos que o seu máis inmediato rival.
LEIS PONTEVEDRA (4): Rubén, Márquez, Abadín, Dani, Gustavo, Martín, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Raúl Jiménez, Barcala, Miguel, Cabaleiro, Pocho.
CARBALLIÿO FS (4): Alejandro, Edu, Aitor, Oscar, Javier, David, Jorge, Miginio, Fabián.
Árbitro: Andrés García Freiría y Álvaro Garcia Freiria. Amoestaron a Pocho no Leis e a ÿscar no Carballiño.