As exclusións e unha mala arbitraxe custan un punto ao Vitaldent Pontevedra (25-25) ante o Seis do Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A rigorosidade arbitral privou o Vitaldent Pontevedra de completar a sorpresa na complicada pista do Magope Seis do Nadal, facéndoo perder un punto que tiña conquistado, cando a falta de pouco máis de seis minutos para o final os de Pedro Pérez mandaban no marcador cun claro 20-25.
Un parcial de 5-0 neses últimos minutos para os vigueses fixo posible un empate que non mereceron, pois o conxunto visitante dominou o partido e o marcador dende o asubío inicial, chegando a dispoñer de cómodas vantaxes, cunha máxima de seis goles coa que se foi ao descanso.
Ese parcial final fíxose posible cando os colexiados cataláns excluíron sucesivamente a Daniel Gómez e Jaime Manuel Iglesias (na mesma xogada) e só 50 segundos despois a Alberto Garrido, deixando ao cadro pontevedrés con só tres xogadores de campo, máis o porteiro, o que non deixou pasar o equipo local para nivelar un marcador que parecía sentenciado.
MAGOPE SEIS DO NADAL (25): Adrián Boullosa, Abraham Alonso (3), David Costa (2), Roberto Couso (1), David Escudero (3), Denís Estévez (9), Pablo García, Germán Iglesias (3), Novoa, Antón Piñeiro (1), Antón Rey (2), Guillermo Rial (1) e Javier Freijeiro.
VITALDENT BM PONTEVEDRA (25): Anxo, Galán; Domato, Gonzalo García (1), Alberto Garrido (6), Daniel Gómez (1), Jaime Manuel Iglesias (3), Gonzalo Eloy López, Fernando Rey (1), Jorge Rodríguez, Alberto Santiago (3), Ángel Soliño (7), Javier Suárez (3) e Hugo Urtaza.
Árbitros: Jordi Quintanar Manzano e Josep Millán Cazorla (Cataluña). Excluíron por dous minutos a Abraham Alonso, David Escudero, Pablo García e Antón Rey, polo equipo local, e a Alberto Garrido, Daniel Gómez (3, descualificado a falta de 5' 48"), Jaime Manuel Iglesias, Gonzalo Eloy López e Alberto Santiago, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 3-5, 6-7, 7-11, 8-12, 9-15 (descanso), 13-17, 14-20, 17-20, 18-22, 21-25 e 25-25 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Coia (Vigo). Uns 100 espectadores.