Triunfo copeiro do Cisne en Alcobendas (25-29)
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán segue adiante na Copa do Rei, tras superar este mércores a primeira rolda do Torneo do K.O.
O conxunto pontevedrés, nunha semana de especial desgaste ao ter que encadear tres saídas consecutivas en só oito días (dous en liga e unha en Copa), superou a domicilio o Alcobendas madrileño, un rival da súa mesma categoría, e fíxoo con solvencia.
Tras uns primeiros minutos de intercambio de golpes e igualdade no xogo, os de Jabato fixéronse coa iniciativa no marcador no ecuador do primeiro período (7-9) e xa non perderían o mando.
A vantaxe ampliouse a tres goles ao descanso (14-17) e chegou a ser de cinco tanto ao comezo do segundo acto (14-19), momento no que se produciu unha reacción local para tentar manterse na eliminatoria.
O conjuno madrileño reduciu a distancia a dous goles a 20 minutos do final (18-20), pero a pesar de aumentar a presión non logrou culminar a remontada cun Cisne que demostrou a súa madurez como equipo para seguir dominando e terminar sentenciando nos 10 minutos finais ata o definitivo 25-29.
O Cisne estará desta forma no bombo de segunda rolda de Copa do Rei. Próxima parada na liga, o vindeiro domingo 15 de outubro (12.30 horas) cun novo desprazamento, esta vez para visitar a cancha do Caserío Ciudad Real.