O Teucro vence o Carballal para seguir invicto (29-21)
Por Redacción & Cristina Saiz
O Teucro segue invicto esta tempada tras sumar unha nova vitoria á conta do Carballal, que chegou con esperanzas ao ecuador do segundo tempo pero terminou desinflándose ante o acerto rival.
Empezou o partido cun parcial de 3-0 por parte dos de Irene Vilaboa, pero aos poucos fóronse sumando os erros en ataque e o cadro visitante logrou igualar aos 12 minutos do primeiro tempo (5-5).
Foi un espellismo. Andrés Pérez, Xurxo Rivas e Marko Dzokic botáronse ao equipo ás costas e espertaron para retomar a vantaxe no marcador e chegar ao descanso cunha renda de dous goles (13-11).
Despois do paso polos vestiarios o dominio seguiu sendo para os locais a pesar de que o Carballal chegou a colocarse a un gol do empate tras a exclusión de Dzokic (16-15), metendo o medo no corpo ao equipo pontevedrés, que necesitaba reaccionar.
E ata aí chegou o partido para os de Vigo, superados por completo por un Teucro que espertou e mostrouse estable en todas as facetas para arroiar e marcharse ata os dez tantos a falta de tres minutos para o final, instantes nos que os visitantes aproveitaron a exclusión de Caio para maquillar o resultado con dous goles de Yago López (29-21).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Sete de sete para o Teucro que mantén a súa serie cun bo triunfo ante o Ingenio (29-35)
Por Redacción |
-
O Teucro supera o Tejina e segue en modo invencible (34-20)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Reforzo no Teucro e cambio de pavillón para tentar prolongar o seu bo momento
Por Redacción |
-
O Teucro supera o Porriño para seguir invicto (25-30)
Por Redacción |
-
Un Teucro "orgulloso do seu pasado, do seu presente e do seu prometedor futuro"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro segue de doce e leva o derbi ante o Bueu (27-29)
Por Redacción |
-
Golpe de autoridade do Teucro en casa do Ribeiro (21-33)
Por Redacción |
-
Vitoria cómoda do Teucro en Culleredo (24-37)
Por Redacción |