O Cisne busca o tres de tres ante "un dos rivais a bater", o Burgos de Álex Chan
Por Diego Espiño
A División de Honra Prata "non dá tregua" para o Club Cisne Balonmán.
Así o asegura o seu segundo adestrador, Quiños, e é que tras dúas sufridas e traballadas vitorias nas dúas primeiras xornadas de competición este sábado 30 de setembro visitará o Pavillón Municipal dos Deportes "un auténtico equipazo".
Trátase do San Pablo Burgos no que milita o pontevedrés Álex Chan, toda unha lenda no Cisne, e que é "un dos grandes rivais este ano da liga, un dos rivais para bater", defende o técnico cisneísta.
"É un equipo e un proxecto para tentar ascender a Asobal, é un dos que mellor se reforzou. Ten moito poder de lanzamento e vainos a esixir moito sobre todo a nivel de transicións porque mete un ritmo moi alto", analiza Quiños.
O encontro entre Cisne e San Pablo Burgos comezará ás 18.30 horas da tarde.
Relacionadas:
-
O Cisne tropeza co Burgos (34-36)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrido triunfo do Cisne no derbi provincial ante o Novás (28-29)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de Javi Vázquez sobre a bucina dá a vitoria ao Cisne ante o Oviedo (25-24)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Cisne presenta as súas armas para unha tempada ilusionante
Por Redacción & Mónica Patxot |