Sara Couso, da AJ Lérez á Selección Española Sub-16
Por Redacción
O fútbol feminino pontevedrés ten unha nova internacional, seguindo os pasos de Tere Abelleira.
Ao igual ocorreu no seu momento coa campioa do Mundo, formada na AJ Lérez, unha futbolista do equipo de base da cidade foi citada para unha concentración de adestramento da Selección Española Sub-16.
Trátase de Sara Couso, unha das 22 futbolistas citadas pola seleccionadora nacional Laura del Río para a próxima concentración.
En concreto Sara afrontará varias xornadas de adestramento na Cidade do Fútbol de Las Rozas, entre o 2 e o 4 de outubro, na que será a súa primeira experiencia nas categorías inferiores do combinado nacional.