Remontada do Sanxenxo ante o Pontevedra B que lle afianza no liderado (1-3)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Xuventú Sanxenxo mantén o paso firme á fronte do Grupo Sur da Rexional Preferente despois de impoñerse ao Pontevedra B a domicilio (1-3) nun polémico encontro.
O filial granate adiantouse no marcador aos 18 minutos por medio de Puyi, pero pouco lle durou a alegría aos de Blas Charlín, ao lograr a igualada Cuchi no minuto 22.
Xusto antes do descanso o propio Cuchi poñía por diante aos seus na acción máis protestada do encontro, que propiciou ademais dalgunha tarxeta amarela a futbolistas do filial, a expulsión no descanso por protestar do adestrador do Pontevedra B e do seu delegado, Borja Losada.
Á volta de vestiarios o Sanxenxo logrou sentenciar por medio de Nel para asegurarse tres puntos que consolidan na cabeza aos amarelos, agora con seis puntos de vantaxe sobre o terceiro posto.
Pola súa banda o filial lerezano quédase na décimo quinta praza con 26 puntos, cinco por enriba das prazas de descenso.
PONTEVEDRA CF B (1): Adrián, Dani Adán, Uru (Yosu, min.79), Marou, Emilio, Héctor, Víctor (Ismael, min.53), Paco (Adrián Martínez, min.60), Collazo, Diego y Puyi (Cuesta, min.71).
XUVENTÿ SANXENXO (3): José, Tinaia, Darío, Fiti, Javi, Cañi (Min. 65. Minso), Dani Muradás (Min. 80. Diego Blanco), Aguín (Jorge, min.71), Cuchi (Cerqueiras, min.51), Nel, Hugo.
Árbitro: Casal Fernández. Amoestou aos locais Adrián, Víctor e Paco e aos visitantes Cañi, Dani Muradás e Aguín. Expulsou con vermello directo ao adestrador do Pontevedra B, Blas Charlín, e ao delegado Borja Losada.
Goles: 1-0 Puyi, min.18; 1-1 Cuchi, min.22; 1-2 Cuchi, min.44; 1-3 Nel, min.61.
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira 1, Pontevedra.