O Cisne levanta o pano ligueiro coa visita do Unión Financera Oviedo
Por Diego Espiño
Non vai máis. Despois de semanas de preparación o Club Cisne Balonmán inicia este sábado 16 de setembro (18.30 horas) unha nova tempada coa visita ao Pavillón Municipal dos Deportes do Unión Financeira Oviedo, na primeira xornada da División de Honra Prata.
"Con cambios no equipo, con xente nova pero é unha tempada", asegura o segundo adestrador cisneísta, Quiños.
Será un debut esixente, e é que "o Oviedo é a súa segunda tempada na liga pero xa parece un equipo veterano. É un equipo que ten moi claro ao que xoga, cunha moi bo plantel e vai custar moitísimo sacar o partido adiante", afirma o técnico.
O rival, analiza, "defende moi ben, cunha 6-0 moi correúda cun Gonzalo Carú que foi durante moitos anos e mellor defensor da Liga Asobal. E en ataque comete poucos erros". Todo iso coa guinda que pon un mito como Carlos Ruesga aínda que a súa presenza en Pontevedra "é unha incógnita" tras terse perdido varios partidos esta pretempada.
Con todo, o Cisne buscará sumar os dous primeiros puntos do curso para empolicarse, desde o inicio, aos postos altos da clasificación.
Relacionadas:
-
Un gol de Javi Vázquez sobre a bucina dá a vitoria ao Cisne ante o Oviedo (25-24)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Cisne presenta as súas armas para unha tempada ilusionante
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Jabato 'ascende' na Federación e será o novo seleccionador nacional junior
Por Alejandro Espiño |
-
Homenaxe da Deputación aos campións do Mundo de balonmán en categoría xuvenil
Por Redacción |
-
A nova campaña de socios do Cisne é "por elas"
Por Diego Espiño |
-
O Cangas leva a Supercopa Galicia ante un combativo Cisne (33-28)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne faise co Torneo Peregrina
Por Redacción |
-
O Cisne comeza a pretempada con vitoria ante o Povoa portugués (31-28)
Por Redacción |
-
O Cisne inicia a súa aventura en Prata cun plantel rexuvenecido e da casa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |