Jéssica Bouzas gaña en Roma e ascende ao posto 136 da Clasificación WTA
Por Ramiro Espiño
Tras alcanzar en Wimbledon o cadro final, por primeira vez nun grand slam no seu aínda curta carreira, para caer en primeira rolda, a tenista arousá Jéssica Bouzas segue dando pasos e mellorando no seu rendemento, logrando a vitoria no torneo W60 de Roma, na que partía como primeira cabeza de serie, derrotando na final á chipriota Serban, en só dous sets, por un claro 6-2/6-4.
Este triunfo, que é o seu noveno título ITF, supón a súa primeira vitoria neste ano 2023.
Ademais, a nova e prometedora tenista arousá, suma en Roma os puntos suficientes para alcanzar a mellor posición da súa aínda incipiente carreira, xa que aparecerá a partir deste luns no posto 136 da Clasificación WTA.
Relacionadas:
-
Jéssica Bouzas cae na previa do Open de Australia fronte á india Ankita Raina
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas di adeus ao US Open en primeira rolda da fase previa
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, cada vez máis preto do Top-100 mundial tras facer final no W100 de Maspalomas
Por Diego Espiño |
-
Conclúe en primeira rolda o soño de Jéssica Bouzas en Wimbledon
Por Manu Otero |
-
A choiva apraza o debut de Jessica Bouzas en Wimbledon
Por Manu Otero |
-
Jéssica Bouzas debutará en Wimbledon contra a mellor tenista de Ucraína, Anhelina Kalinina
Por Manu Otero |
-
Jéssica Bouzas fai historia e disputará en Wimbledon o primeiro grand slam da súa carreira
Por Manu Otero |