Kike García, técnico do Waterpolo Pontevedra, recibe a invitación da RFEN para participar nunha concentración da selección xuvenil masculina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O adestrador Club Waterpolo Pontevedra, Kike García, un dos artífices da extraordinaria tempada realizada polo equipo na Primeira División feminina, na que lograron xogar a fase de ascenso o mesmo ano do seu debut na categoría, recibiu a chamada da Real Federación Española de Natación para participar como adestrador convidado nunha concentración do combinado nacional xuvenil masculino.
O técnico participará no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, entre o 10 e o 16 de xullo, nunhas sesións dirixidas a adquirir novos conceptos e mellorar a súa formación para afrontar coas máximas garantías a proxima tempada no club.
Non é a primeira vez que o traballo de García recibe o recoñecemento nacional e internacional. Xa foi convidado a realizar concentracións con equipos portugueses, así como noutras convocatorias da RFEN. Neste caso, Kike García coincidirá en Barcelona co grupo nacional feminino e con representantes da nova modalidade do beach polo.