Se hai que descender, que sexa coa cabeza moi alta. O Cisne derrota o Guadalajara (28-27)
![Ramiro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6352bc9a23-20140207-patxot-ramiro-020.jpg)
Por Ramiro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/47f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64724ec67d-20230527-saiz-pabellon-municipal-cisne-guadalajara-009.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/edf/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64724ec9cd-20230527-saiz-pabellon-municipal-cisne-guadalajara-026.jpg)
© Cristina Saiz
Pontevedra e o Cisne despedíronse de Asobal coa esperanza dun pronto retorno e co orgullo de facelo coa cabeza moi alta e a satisfacción de botarlle unha man ao veciño Frigoríficos do Morrazo Cangas, impedindo que Guadalajara supere aos cangueses e os deixe en postos de descenso, a falta da última xornada de liga.
Partido trepidante e cheo de alternativas, sen un dominador claro en ningún momento. A máxima diferenza nunca superou os 3 goles e ambos os equipos dispuxeron dela, os visitantes nos primeiros compases e os locais na recta final do partido, xusto cando necesitaban rendibilizala e fixérono para brindar á súa afección un triunfo e a silenciosa manifestación da súa intención dun pronto retorno á máxima categoría.
O 1-4 con que Guadalajara adiantouse foi rapidamente contestado polo Cisne cun parcial de 6-1 para poñerse por primeira vez por diante antes de que se cumprise o minuto 10, obrigando ao técnico alcarreño a solicitar o seu primeiro tempo morto.
Cos ataques superando con relativa facilidade ás defensas, o conxunto visitante foi "picando pedra", ata recuperar a inciativa (11-12, minuto 22). O Cisne mantíñase preto, agora con máis dificultades, pero o non saber xestionar o seu último ataque permitiu a Guadalajara aproveitar os últimos segundos para irse o descanso con 14-16 ao seu favor.
Xogar sen nervios nin presión facía que o Cisne se divertise na pista e Carlos Pombo lograba neutralizar a vantaxe visitante 17-17, no minuto 35.
As alternativas eran constantes ata que a falta de 12 minutos Álex Chan, cun golazo, poñía por diante aos pontevedreses (24-23) despois de moitos minutos.
A necesidade de gañar de Guadalajara e a gran actuación de Abián Rodríguez na portería do Cisne fixo que o conxunto local ampliase a conta (26-24 minuto 55), chegando a tres cun tanto de Dani Serrano (27-24) a falta de 3'35", que provoca un desesperado tempo morto do técnico visitante.
Aínda que reduciron distancias, un golazo de Bruno Vázquez, a 2'30", do final, cun lanzamento de cadeira, puxo o 28-25 que sentenciaba, porque aínda que lograron recortar, o Cisne soubo xogar con criterio a súa última posesión, non sen susto por unha inoportuna falta en ataque cometida e compensada cunha perda por precipitación do ataque visitante, para terminar gañando (28-27) e dando unha alegría aos seus afeccionados e indirectamente aos do Cangas.
Consulta as estatísticas nesta ligazón.
Partido de liga Asobal entre o Cisne e o Guadalajara disputado no Pavillón Municipal
Partido de correspondente á 29 xornada de Liga Asobal entre Club Cisne Balonmano e Guadalajara no Pavillón Municipal de Pontevedra
© Cristina Saiz