O Sanxenxo arrebátalle o liderado da Preferente o Ribadumia tras vencerlle claramente (0-3) na Senra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un Sanxenxo incontestable asaltou o fortín da Senra. Foi unha vitoria clara e contundente por 0-3 que aúpa aos homes de ÿscar García ao liderato da Rexional Preferente, relevando precisamente ao Ribadumia, primeiro clasificado ata este domingo. Unha vitoria desas que, como se adoita dicir, valen catro puntos, xa que o 'goal-average' entre dous dos favoritos ao ascenso a Terceira cae ao lado do Sanxenxo.
E iso que o Ribadumia comezou levando a iniciativa do partido. Moito mellor colocado no campo e controlando o balón, dispuxo de varias ocasións perigosas para adiantarse no marcador, especialmente nas botas de Josiño e de Changui. Pero aos poucos o Sanxenxo melloraba o seu xogo polas bandas e íase a achegando á portería de Pajarillo. O seu esforzo daba os seus froitos no minuto 34.
Despois de que Fran Castaño perdese un balón no centro do campo, un rápido contragolpe dos visitantes, unido ao desaxuste da defensa do Ribadumia, permitía a Darío marcar o 0-1 co que se chegaba ao descanso.
Malia os cambios introducidos polo Ribadumia, a segunda parte comezou coa mesma dinámica e a pouco de comezar, no minuto 52, Nel facía o 0-2 tras sortear a dous defensas e bater por baixo a Pajarillo. Quedaba aínda moito tempo e o Ribadumia trataba de controlar o balón, pero tan só dez minutos despois chegaba o definitivo 0-3. Tras un saque de esquina, Diego Branco marcaba a pracer, aproveitando un rexeite do porteiro local.
Con este resultado, o Sanxenxo colócase líder da Rexional Preferente con 38 puntos, un máis que o Ribadumia, que con 37 é segundo e mantén praza de ascenso directo a Terceira.
RIBADUMIA CF (0): Pajarillo; Pacheco (Pablo Portas, min. 52), ÿscar Río, Nelo, Giti, Álex (Bisti, min. 64), Fran Castaño (Cylla, min. 46), Fernando, Pablo Piñeiro, Changui y Josiño.
XUVENTÿ SANXENXO (3): José; Minso, Darío, Javi, Fon, Deivi (Fernando Aguín, min. 80), Diego Blanco (Jorge, min. 87), Dani (Rubén Cerqueiras, min. 66), Cuchi (Fiti, min. 83), Nel y Rober.
Árbitro: García Martín (Santiago), auxiliado nas bandas por Fernández e Rodríguez. Amonestou con tarxeta amarela a ÿscar Río e Álex polo Ribadumia e a José e Dani polo Sanxenxo.
Goles: (0-1) Minuto 34: Darío. (0-2) Minuto 52: Nel. (0-3) Minuto 63: Diego Blanco
Incidencias: Campo da Senra (Ribadumia). Uns 250 espectadores. O Sanxenxo xogou coa segunda equipación do Ribadumia ao non aceptar o árbitro o seu uniforme azul oscuro pola súa coincidencia co aurinegro local.