O Pontevedra B desperdicia dous goles de renda para rematar empatando (3-3) ante o Rápido Bahía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pagou caros o Pontevedra B os seus erros, tras conseguir remontar o tanto inicial do Rápido hBaía, e deixouse empatar despois de poñerse con vantaxe de dous goles no marcador na primeira metade, perdendo a ocasión de conectar coa zona medio-alta da táboa.
Un gol de Stefan adiantaba aos de Aldán, mediada a primeira parte, pero os de Blas Charlín reaccionaron con forza, remontando con tantos de Víctor, Marou e Ismael, para poñer o 3-1 no marcador co que se chegou ao descanso.
Con todo a favor, os granates relaxáronse e o Bahía conseguió neutralizar a diferenza, primeiro cun gol de Rubén, e pouco despois co tanto do empate, a cargo de Lamas.
A expulsión por dobre amarela do visitante Guerra permitiu ao equipo local poñer cerco á meta visitante en busca da vitoria, pero faltou acerto nos metros finais para desnivelar de novo a balanza.
PONTEVEDRA B (3): Adrián; Puyi, Uru, Marou, Dani Adán (Adrián Martínez, min. 85), Héctor, Víctor (Cuesta, min. 51), Paco, Collazo, Diego e Ismael.
RÁPIDO BAHÍA (3): Marcos; Isaac, Pasú, Colme (Baptiste, min. 46), Félix, Yoki, Lamas (Fumero, min. 90), Guerra, Adrián (Lino, min. 74), Stefan e Diego (Rubén, min. 23).
Árbitro: Hernández Guiadas (Santiago). Expulsou ao visitante Guerra (minuto 74), por dobre amoestación. Amoestou a Marou, Héctor, Collazo e Cuesta, polo equipo local, e Isaac, Pasú, Félix, Baptiste e Stefan, polo Rápido Baía.
Goles: (0-1) Minuto 20: Stefan. (1-1) Minuto 28: Víctor. (2-1) Minuto 39: Marou. (3-1) Minuto 45: Ismael. (3-2) Minuto 53: Rubén. (3-3) Minuto 61: Lamas.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra) Unos 150 espectadores.