O Club Deportivo La Peña presume do seu primeiro título galego e pon rumbo ao Campionato de España Alevín
Por Redacción
O pavillón Agustín Mourís de Noia foi escenario este mércores 17 de maio non só das finais de Copa Galicia absolutas, senón do desenlace das competicións autonómicas en diferentes categorías.
Nunha delas o Club Deportivo La Peña conseguiu o seu primeiro título autonómico, un premio ao traballo desenvolvido nos últimos anos e que lle permitirá competir no próximo Campionato de España.
Foi na idade alevín, no que La Peña impúxose na final do play-off da Liga Galega en categoría feminina.
O equipo marinense, composto por Lía Garrido, Valeria Pazos, Aylen Belliard, Iria Argibay, Noa González, Aitana Reboredo e Alba Salgado, impúxose na final do campionato por 4-0 ao S.D.C.R. Narón O Freixo.
Todo un éxito do equio adestrado por Javi Pumar e Lorena Núñez, que en toda a liga sumou unhas impresionantes estatísticas con 56 goles a favor e só 2 en contra.
Agora a maior recompensa chegará a primeira fin de semana de xuño coa participación do club marinense, por primeira vez, no Campionato de España.
Relacionadas:
-
A Selección Española Sub-15 convoca a Lía Ayestarán do Poio Pescamar e Sara Couso de La Peña
Por Redacción | Creada e actualizada