![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/50f28bd7829fe-copagaliciapc2013_equipomasculino.jpg)
CC BY-NC-SA Sociedad Gimnástica
Copa Galicia, primeira gran competición do ano para a Gimnástica
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Sociedade Gimnástica defenderá este fin de semana o seu título de campión da Copa Galicia de atletismo en pista cuberta na primeira gran competición do ano.
O pavillón de Riazor, na Coruña, será sede un ano máis do evento dende as 10:30 horas do domingo 12 de xaneiro coa presenza dos oito clubs máis importantes da Comunidade en categoría masculina e feminina.
A entidade pontevedresa comparecerá cun equipo mestura de xuventude e veteranía, con ata catro xuvenís, e que terá como principal rival ao Celta de Vigo.
Os atletas que se desprazan ata a cidade herculina son: Jorge Puig (800 metros), Darío Costas (altura), Miguel Toubes (200 metros), Víctor Riobó (1.500 metros), Iván Docampo (3.000 metros), Santiago Ferrer (50 valos), David Ferrer (pértega), Iván Maceiras (lonxitude), Carlos Cerviño (triplo salto), Víctor Gallego (peso), Ángel Vargas (50 metros), Alfonso Pérez (400 metros), Eva Salgado (50 metros), Paula Martín (200 metros), Ana Prieto (400 metros), Temis Quintas (800 metros), Cristina Brea (1.500 metros), Laura Goñi (3.000 metros), Sandra Carballo (50 valos), Inés Martínez (altura), Clara Gil (pértega), Elvira Okutu (lonxitude), Emma Casas (triplo salto) e Ángeles Filgueira (peso).
Ademais os relevos estará compostos por Salas, Riobó, Toubes e Vargas en rapaces e Verónica Echevarría, Paula Martín, Sandra Carballo e Temis Quintas en rapazas.