O piragüismo galego cítase este sábado no río Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Federación Galega de Piragüismo organizou para este sábado 11 de xaneiro, dende as 11:30 horas, unha xornada amigable no río Lérez.
Na proba, de carácter amigable, participarán padexeiros das categorías cadete, xuvenil, júnior, sénior e veteráns sobre unha distancia de 8.000 metros.
Os primeiros en competir serán os sénior e veteráns en modalidade de kaiak masculino, seguido dos júnior e cadetes.
A partir das 12:30 horas disputaranse o resto de categorías, empezando por canoa sénior, xuvenil e cadete e seguido por todas as categorías femininas na mesma orde.