![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/83d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cbb4aa62b-dscf6240.jpg)
© Federación Galega de Vela
As promesas da vela olímpica nacional rétanse en augas arousás pola Copa de España de 420
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/17d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/645bc41edf-45.jpg)
© Real Federación Galega de Vela - Clara Giraldo
Quedan poucos días para que comece unha das citas máis importantes do calendario de regatas de vela lixeira, a Copa de España de 420. A cita que organiza a Real Federación Galega de Vela (RFGV) disputarase entre os días 13 e 16 de maio en augas da ría de Arousa.
En palabras do presidente da federación galega, Manuel Villaverde, “desde a Federación temos que agradecer a todas as institucións a súa presenza e apoio para organizar este evento, porque doutra forma sería imposible levalo a cabo. A clase 420 está considerada clase estratéxica polas federacións española e galega nas súas categorías xuvenís. Sempre se denominou como o irmán menor do 470 olímpico. Non en balde, é a promotora das clases dobres como o 49er e FX, así como o actual mixto que conforma o 470”.
“A frota española da clase 420 está considerada unha das mellores do mundo, e Galicia sempre ten algo que dicir a través do testemuño dos nosos mellores representantes”, finalizou o presidente federativo.
Sen dúbida o 420 é un barco moi rápido, de coñecemento técnico, de estratexia e fortaleza física. Hai que ter boa man levando as rendas para que non se desboque como un cabalo salvaxe e esa mestría e virtuosidad é a que lle dá o éxito como embarcación previa a calquera formato olímpico dentro do deporte da vela, manexando tres panos e colgando do trapecio mentres a proa levántase sorteando ondas, aliándose co vento.
A Copa de España que organiza a Real Federación Galega no Centro Galego de Vela reúnirá eses días en Vilagarcía de Arousa a máis de 120 regatistas destas características, mozas a bordo de 60 embarcacións que encherán de emoción a ría de Arousa.
A presentación do evento tivo lugar este mércores no Centro Galego de Vela coa participación do presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o Secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o Deputado Provincial de Deportes, Gorka Gómez; os edís do Concello de Vilagarcía Argimiro Serén e Tania García, de Deportes e Igualdade; así como o Capitán Marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez; o Xefe do Departamento de Seguridade e Operacións Portuarias do Porto de Vilagarcía, Francisco Xabier Fernández; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides; e Pedro Piñeiro, vicepresidente da RFGV.