Bos resultados para Galicia na primeira xornada da Copa de España de novas promesas
Por Redacción
Este sábado deu comezo no encoro de Verducido a primeira xornada da Copa de España de novas promesas na que un gran número de medalles tivo acento galego. En total foron 12 dos 28 posibles, repartidas en seis de ouro, cinco de prata e unha de bronce.
O padeeiro do Náutico Firrete, Borja López, fíxose coa vitoria na final do K1 cadete A 1000 metros por diante de Miguel Blanco do Club de Mar Ría de Aldán e Jaime López do Piragüismo Aranxuez.
Cinco minutos despois, Pedro Dámaso do Náutico Firrete e Gael Bernal de Piragüismo Verducido finalizaron en segundo e terceiro lugar da final de K1 Cadete B. O primeiro posto foi para o padeeiro do a Escola Placentina Francisco González.
A seguinte regata que se disputou foi a final do C1 cadete A 1000 metros, onde se produciu un dobrete para o Club As Torres Romería Vikinga cos metais de ouro de Jairo Zurita e a prata de Raúl Fernández, o bronce levoullo Alejandro Heres do Náutico Ensidesa.
O galego Javier Cid do Ría de Betanzos logrou facerse coa primeira posición na final de C1 cadete B 1000 metros. Alejandro Pérez do Fluvial de Lugo terminou en segundo lugar e Dario Colastra do Piragüismo Aranxuez terceiro.
En canto ás carreiras femininas, a padeeira do Piragüismo Cambados, Sofía Parada, gañou a final de K1 cadete B con máis de tres segundos de vantaxe sobre Carla Alcalde da Escola Placentina e Edurne Aguirre do Piragüismo Pamplona.
As dúas últimas finais da tarde foron para a modalidade feminina sobre 500 metros na que Lara Remigio do Náutico O Muiño fíxose co triunfo cunha ampla vantaxe sobre María Segura do Náutico Port de Pollença e Candela Mayoral do Piragüismo Aranxuez na final Cadete A, mentres que na final Cadete B Marta Castiñeiras do As Torres Romería Vikinga alcanzou o primeiro lugar do podio por diante de Silvia Gago do Náutico O Muiño e Aitana Montilla do Piragua Madrid.