Lydia Pérez despídese do Europeo tras caer coa campioa continental sub-23
Por Diego Espiño
Non puido ser. O Campionato de Europa Sénior de Loitas Olímpicas que se está disputando na capital de Croacia, Zagreb, terminou ao primeiro de vez para Lydia Pérez Touriño.
A deportista pontevedresa acudía á cita con esperanzas de protegonizar un bo torneo e aspirar aos metais, pero viuse superada na rolda de clasificación da categoría de 62 kilos.
Sucedeu nun apertado enfrontamento coa romanesa Amina Roxana Capezan, actual campioa continental sub-23.
O tenteo de 4-1 deixou sen opcións á representante do Club Loita Pontevedra, pechándose pouco despois a vía da repesca polo bronce ao ceder o seu rival nos cuartos de final ante a norueguesa Grace Jacob Bolen, subcampioa mundial.
A pesar de non lograr o resultado esperado, a tempada seguirá agora para Lydia Pérez cun obxectivo principal, o Campionato do Mundo que se celebrará o próximo mes de setembro e na que estarán en xogo as primeiras prazas clasificatorias para os Xogos Olímpicos de París 2024.
En Croacia tamén competiu este xoves a galega Nerea Pampín, caendo na súa categoría (65 quilos) ante a turca Busra Efe por 5-0.