Galicia supera con claridade o Cisne (19-34) no Memorial Manuel Luaces
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c3e8fda32d-20140104_dt_cisnevsselecciongallega4.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52c88b5a440e8-gradas.jpg)
© Diego Torrado
A selección galega absoluta logrou un cómodo triunfo contra o Club Balonmán Cisne nun partido que era unha festa para celebrar as vodas de ouro do club pontevedrés. Nesta oportunidade o de menos era o resultado, o importante era a celebración e a ledicia de ver as gradas cheas.
Galicia presentaba ante o Cisne un potente equipo, con moitos xogadores de Asobal, e iso quedou reflectido na cancha e no resultado. Despois duns minutos axustados (2-3, min. 5), o combinado galego foi abrindo pouco a pouco distancias no marcador (5-9, min. 15). O conxunto pontevedrés tiña serios problemas para superar a férrea defensa galega e so atopaba solucións nos extremos. Así, con 5-12 no marcador (min. 18), o técnico do Cisne, Edín Covelo, pediu tempo morto para intentar atopar solucións, mentras Pillo, cambiou en bloque a todo equipo, sen que variase a tónica do partido.
Nos minutos finais da primeira metade, o técnico local deu descanso aos pesos pesados do seu equipo (Dasilva, Gestido e David López) e aquí rematou o encontro. Demasiado sinxelo para Galicia, que logrou un parcial de 0-7 nos últimos cinco minutos e sentenciou antes do descanso (7-21).
Ao comezo da segunda parte o Cisne volveu a saír a pista cos seus mellores homes para intentar plantar cara ao potente conxunto galego, conseguindo despois duns primeiros minutos axustados, nos que o equipo pontevedrés logrou un parcial de 4-1, aproveitar despois o relax dos xogadores de Pillo, que repetiu o cambio en bloque que fixera na primeira metade, para que todos os xogadores tiveran protagonismo, permitindo así una segunda metade mais nivelada.
BM CISNE (19): Juan Novás; Rafa Gestido, David López (1), Iván Abilleira (3), Dani Puente, Álex Chan (1), Pablo Rey (3), Andrés Sánchez (1), Rafa Dasilva (3), Pablo Picallo (2), Edu Alonso, Javi Vázquez (1), Carlos Rodríguez (1), Edu Domínguez (2), Iago González e Sergio Doval (1).
GALICIA (34): Javi Díaz; Rodrigo Corrales, Toño Fernández (6), Carlos García (3), David García (2), Alberto Casares (3), Daniel Hernández (2), Serafín Pousada (2), Ramón Martínez (3), Suso Soliño (3), Víctor Rodríguez (2), Adrián Rosales (2), Diego Piñeiro (3) e Dani Cerqueira (3).
Árbitros: Vanesa Pérez e Marcos Pérez (Colexio galego). Excluíron a Pablo Rey e Eduardo Domínguez, polo Cisne, e Serafín Pousada, Víctor Rodríguez, Adrián Rosales e Dani Cerqueira, pola selección de Galicia.
Marcador (cada cinco minutos): 1-4, 3-6, 5-9, 5-12, 6-16, 7-21 (descanso), 8-24, 12-26, 15-28, 15-30, 17-31 e 19-34 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Memorial "Manuel Luaces". Primeiro acto para conmemorar o ano do cincuenta aniversario do Club Balonmán Cisne. Cheo nas bancadas. Ao remate do partido a Federación Galega de Balonmán entregou ao Cisne un trofeo conmemorativo polo seu 50 aniversario. Ademais, o Cisne entregou unha placa ao pai de Manuel Luaces, na 20 edición do seu memorial.