Claudia e Carmen (Poio FS) e Adriana (Leis), convocadas pola selección galega sub-21
Por Redacción
As xogadoras do Poio FS, Claudia e Carmen, xunto coa do Leis Pontevedra, Adriana, foron convocados para participar coa selección galega sub-21 na primeira fase do campionato de España de seleccións autonómicas de fútbol sala, que se disputará o 4 e 5 de xaneiro en Galdakano (Bizkaia), na que o combinado galego terá como rivais aos de Cantabria e País Vasco, nun grupo no que tamén está encadrada a selección de Cataluña, que non obstante non será rival de Galicia.
Ademais destas tras xogadores, o seleccionador, Manuel Castillo, lévase a: Ana López, María Romero e Vanessa Sotelo (Cidade de As Burgas), Ana Rivera (Ponte Ourense), Belén Feal (A Fervenza), Cruz Sánchez (Viaxes Amarelle), Alejandra de Paz e Diana Díaz (Valdetires) e Lara Balseiro (Burela FS).
Os partidos disputaranse no polideportivo Urreta da localidade biscaíña. Galicia abrirá a competición enfrontándose a Cantabria, o sábado, día 4 de xaneiro, ás 10:30 horas. A continuación xogarán Cataluña fronte ao País Vasco.
A segunda e última xornada desta primeira fase terá lugar o domingo, día 5, enfrontando a Cataluña con Cantabria, para rematar co partido entre País Vasco e Galicia.