2.818 atletas para a San Silvestre máis concorrida nos seus 30 anos de historia
Por Redacción
Un ano máis, na súa XXX edición, a San Silvestre de Pontevedra baterá o seu particular record de participación, xa que unha vez finalizado o prazo de inscrición, por primeira vez de xeito íntegro a través de internet, foron 2.818 os atletas que confirmaron a súa presenza.
O incremento, segundo sinala a Sociedad Gimnástica como organizadora da proba, supón un 10% con respecto ao pasado ano.
Dende este venres e ata o próximo luns, coa excepción do domingo, os participantes poderán recoller o seu número na Casa do Turista situada na Verdura, en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30.
O martes 31, día da carreira, só poderán realizar este trámite aqueles que acudan á San Silvestre dende fóra da cidade ata media hora antes do inicio da proba, que sairá ás 17:00 horas da Avenida Monteiro Ríos.