A chinesa Lijia Xu deixa a Támara Echegoyen e as súas compañeiras sen premio ás mellores regatistas do ano
Por Redacción
Romper todos os prognósticos nos Xogos Olímpicos de Londres para conseguir o ouro no Match Race de Vela non foi mérito abondo para que a pontevedresa Támara Echegoyen e as súas compañeiras Sofía Toro e Ángela Pumariego conseguisen o premio á mellor tripulación feminina de 2012.
A Federación Internacional de Vela (ISAF) concedeu esa honra á regatista chinesa Lijia Xu grazas á súa vitoria en Londres na clase Laser Radial, evitando que as rapazas do "Xiquitas Team" se convertiresen na quinta tripulación española en lograr esta cualificación e que Támara seguise os pasos dos tamén pontevedreses Fernando Echávarri e Antón Paz, que recibiron este galardón en 2005 tamén como campións olímpicos.
O equipo español non tardou en felicitar á chinesa polo seu galardón. Aseguran que para elas, o premio xa era estar nominadas.
No ha podido ser! Enhorabuena a la regatista China Lijia Xu, la mejor regatista del 2012! Nuestro premio ya era la nominacion!
Echegoyen Match Team (@xiquitasteam) noviembre 7, 2012
As outras nominadas na gala celebrada en Dublín (Irlanda) eran a regatista paralímpica Helena Lucas e a windsurfista Saskia Sills.