Tropezo do Leis feminino ante o colista e vitoria do equipo masculino en Xove
Por Redacción
O Casar de Cáceres logrou os seus primeiros puntos da tempada en Pontevedra a costa dun Leis feminino que mostrou no Municipal a súa cara máis irregular (4-5).
As lerezanas non souberon aproveitar as súas ocasións e terminaron perdendo un partido que puido caer de calquera bando.
O equipo pontevedrés, que pecha o ano na novena posición con 13 puntos, non volverá competir ata o próximo 25 de xaneiro en Gran Canaria rendendo visita ao Teldeportivo.
O EQUIPO MASCULINO RETÿN O LIDERADO
No lado oposto atópase o bloque masculino do Leis, que chega ao parón navideño logo de lograr un triunfo en Xove (3-5) que lle permite reter o liderado da Terceira División.
Os de Manu Cossío deixaron atrás o seu último tropezo para tirar de eficacia e impoñerse nun partido de pouco brillo, onde os erros e imprecisións foron habituais.
Malia os apuros nalgunha fase do encontro, os lerezanos dominaron sempre o marcador grazas aos goles de Daniel, Sergio Martínez, Pablo Durán (2) e Barcala.