A elite do billar galego competirá en Pontevedra esta fin de semana
Trátase dun torneo de carácter internacional, pois nel participarán tamén xogadores de Portugal, e contará con figuras de gran nivel e recoñecemento dentro desta disciplina como Estrella Fazanes, campioa de España en cinco ocasións que retoma a súa actividade no billar logo dun tempo inactiva.
Tino Fernández, concelleiro de deportes, asegurou na presentación do Open celebrada este martes que "o billar é un deporte que axuda a empatizar" e insistiu en que "queremos ser unha cidade referente" en todo o que estea relacionado con solicializar e pasalo ben. Ademáis fixo fincapé en que "resultou un éxito a edición do ano pasado" polo que se espera o mesmo ou máis desta.
Por outra parte, Jesús Portela, secretario do clube organizador, explicou que "Pontevedra es una de las ciudades con mayor número de licencias en billar" e aínda que os seus xogadores non estean tan recoñecidos existe un alto nivel.